O vindeiro 27 e 28 de outubro de 2016, no Albergue de Gandarío e na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela terá lugar a quinta edición do Fórum Cicerón, búscase talento!
Esta iniciativa da consultora “Libredón Formación e Consultoría Empresarial” (na foto: Joaquín Dosil, Presidente da compañía) consiste nun programa de formación e inserción laboral para os estudantes ou egresados galegos con maior talento interesados en desenvolver as súas habilidades sociais e profesionais para a integración con éxito no mercado laboral.
Os estudantes, a través dunha inmersión formativa de 2 días, participarán inicialmente nunha serie de obradoiros e actividades de team building para, despois, dar lugar a unha competición por equipos sobre o arte do debate onde deberán demostrar os coñecementos adquiridos e habilidades directivas e sociais desenvoltas, dando como resultado unha formación única que transforma as súas habilidades persoais previas nas competencias necesarias para o éxito profesional.
E todo baixo a atenta mirada das empresas mais importantes do panorama galego, que estarán observando cada proba en busca do mellor talento galego. Quere dicir que aquelas empresas interesadas na contratación dos mellores profesionais poden coñecer de primeira man e en profundidade as competencias dos seus participantes. Desta maneira, o Fórum Cicerón convértese no punto de encontro idóneo para universitarios (futuros profesionais) e empresas, cunha efectividade superior ós tradicionais procesos de selección debido ó novidoso, rigoroso e esclarecedor do sistema desenvolto.
É importante sinalar que esta iniciativa está financiada pola Dirección Xeral de Xuventude, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e Dirección Xeral de Universidades da Xunta de Galicia; e promovida polo Sistema Universitario Galego composto pola Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. O obxectivo é seguir apostando polo talento galego como impulsor e xerador de riqueza e desenvolvemento empresarial.
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no Fórum Cicerón na páxina web www.forumciceron.es
Date presa, o prazo remata o vindeiro 17 de outubro!!!!
Descargar programa completo do Fórum Cicerón 2016: http://bit.ly/forum-ciceron-2016
Web: www.forumciceron.es
1 comentario